domingo, 20 de setembro de 2020

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2020-2021

 


Benvidos ao curso 2020-2021

Benvidos ao novo blog da nosa biblioteca a todos os lectores e lectoras do IES POETA AÑÓN.

Aquí poderedes seguir todas as novidades relacionadas cas actividades, cos concursos, cas adquisicións de literatura xuvenil e clásica.

Tamén teredes a vosa disposición materiais permanentes de interese para a vosa formación nas distintas etiquetas.

Esperamos contar coa vosa participación a través dos distintos foros, queremos coñecer a vosa opinión sobre os temas tratados, precisamos a vosa colaboración aportando ideas novas e facendo peticións co obxectivo de mellorar as nosa comunicación.

Xa podedes comezar a aportar ideas para este novo e particular curso, deixando comentarios neste post.

O curso pasado os acontecementos ligados á pandemia puxeron a orde do día a utilización dos medios dixitais para manter o contacto ca familia, cos amigos e co mundo educativo.

Se tivera que producirse de novo, non queremos perder o contacto e utilizaremos ese Blog como lugar de encontro e intercambio.

Ánimo a tod@s para o novo curso.





Propostas de adquisicións de libros

Dende fai anos o Equipo de Biblioteca procura adquirir tanto lecturas obrigatorias ou optativas nas distintas materias coma lecturas de lecer para o noso alumnado.

Podes axudarnos nesa tarefa deixando propostas de compras nos comentarios deste post.

Se o libro solicitado se axusta as lecturas dunha biblioteca procuraremos adquirirlo canto antes.

Se xa liches o libro que recomendas mercar, podes compartir coa comunidade escolar unha breve reseña do argumento para espertar a curiosidade dos compañeiros.

Grazas pola túa colaboración!