mércores, 14 de outubro de 2020

19 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS

 O próximo luns celebraremos do Día das escritoras, co fin de visibilizar ese colectivo que leva xa moito tempo formando parte do legado literario do noso país, invitásmote a coñecer algunha desas escritoras que abriron camiño nestes enlaces.

Biblioteca nacional de España

Bibliotecas escolares de Galicia 


Aproveitamos tamén para convocar o primeiro concurso do ano...

Escritoras na escola

Reservado a alumnas que queiran compartir con nós algún conto, poema ou relato corto escrito por elas.

Prazo: Ata o luns 2 de novembro

Modo de presentación: Dixital a través da aula virtual entrando en biblioteca como convidado.

Enlace coas instruccións: WEB DO IES POETA AÑÓN

 

Animaros a demostrar a vosa arte! 

venres, 9 de outubro de 2020

Novidades en galego

Para os máis novos( de 12 anos en diante) unha obriña teatral. 

Se premes na foto accederás a un pequeno resumo do contido do libro ofrecido pola editorial.

TEATRO