Porque máis aló de determinadas datas, seguemos a precisar materiais que axuden a educar e entender que tódalas persoas somos iguais e temos os mesmos dereitos. Preme na imaxe.
mércores, 9 de decembro de 2020
EDUCANDO NA IGUALDADE: GUÍA DE FONDOS DA NOSA BIBLIOTECA
venres, 4 de decembro de 2020
NOVIDADES EN GALEGO (DECEMBRO 20)
CARRUSEL (Berta Dávila -2019-)
RESEÑA da Ed. Galaxia
Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal. Só así será quen de afondar na súa condición de enferma, na súa relación co imprevisible tío Carlos, que sofre a mesma doenza, e tamén na súa experiencia coa maternidade e coa perda de seres queridos. É posible que iso a axude a dar significado ao pasado e a entender o futuro, mais ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe para intentar salvarse.