No IES seguimos a traballar co tema da concienciación sobre o cambio climático e as súas consecuencias para o medio ambiente e queremos que ti nos axudes colaborando coa túa clase.
Precisamos artigos de prensa sobre calquera tema relacionado co medio ambiente: cambio climático, catástrofes naturais, recursos esgotados, pesticidas e consecuencias para a saúde, pero tamén cos aspectos máis positivos como: enerxías renovables, agricultura ecolóxica, reciclaxe,...
Poderás subir a aula virtual a túa selección de artigos a través do enlace do teu grupo.
O premio para o grupo que máis colabore será unha excursión ao aire libre a finais de curso.
Que gañen os mellores e sorte a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario